Ourencanto – Encontro de coros infantís, xuvenís e coros escolares

Ourencanto é unha iniciativa que pretende achegar o mundo coral a todos os mozos ourensáns de 8 a 18 anos. Serán unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas con un gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense baixo a direción artística do prestixioso director e compositor Josu Elberdin.

O encontro se celebrará o 4 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música e o 5 de febreiro no Auditorio Municipal de Música de Ourense. O concerto de clausura será o 5 de febreiro, ás 19 horas, no Auditorio Municipal de Ourense.

web oficial: http://ourencanto.org